━ Servizos
SERVIZOS AUDIOVISUAIS PROFESIONAIS NA GALIZA
En Roda Audiovisuais ofrecemos unha gama completa de servizos para dar forma e difusión ao teu proxecto.
Desde o aluguer de equipos ata a produción de eventos e contidos creativos, acompañámoste en cada fase co noso equipo técnico e humano.

Aluguer de equipos
Pon á túa disposición o mellor material profesional sen complicacións. Cámaras, ópticas, son, iluminación, pantallas, estruturas, accesorios...
Streaming e Produción en directo
Ofrecemos servizos de retransmisión profesional con realización multicámara e emisión en directo en redes, webs ou plataformas privadas.

Eventos e Vodas
Cubrimos os momentos que merecen ser recordados. Desde a planificación ata a entrega final, garantimos unha produción audiovisual elegante e emotiva.

Vídeos para Redes e Contidos Creativos
Se es artista, creador, empresa ou marca, axudámoste a darlle forma á túa idea. Dende o guión até a montaxe final, coidamos a estética, o ritmo e a historia que queres contar.

Documentais e Proxectos Culturais
A nosa paixón polo audiovisual nace das historias que importan. Participamos en proxectos documentais, culturais e sociais, ofrecendo produción integral ou soporte técnico.
Asesoramento e Soporte Técnico
Porque cada proxecto é diferente, ofrecemos asesoramento profesional para configuración de equipos, montaxe, transporte, comunicación e resolución de incidencias técnicas.