Especialistas na produción audiovisual de eventos, congresos e conferencias.



En Roda Audiovisuais somos especialistas en producir, cubrir e retransmitir eventos profesionais en todo tipo de espazos.
Combinamos experiencia técnica, equipos propios e creatividade para garantir que cada detalle se vexa e se escoite coa máxima calidade.
Ofrecemos solucións integrais para eventos corporativos, congresos, conferencias, presentacións, feiras, actos institucionais e culturais.
Realización multicámara en directo
Streaming profesional en Full HD (YouTube, web, etc.)
Iluminación e son para escenarios e salas
Proxeccións e pantallas LED
Decoración e identidade visual audiovisual
Vídeos promocionais e resumos do evento
Cobertura fotográfica e making of
Planificación técnica e creativa: estudo do espazo, necesidades e guión de realización.
Montaxe e probas: instalación de cámaras, son, iluminación, escenario, moqueta, photocall, rede para streaming…
Execución en directo: equipo de realización e operadores en coordinación co cliente.
Postprodución: edición de clips, resumo do evento e entrega de fotografías en alta calidade.











Xa sexa un congreso internacional, unha conferencia universitaria ou unha presentación corporativa, en Roda Audiovisuais encargámonos de que o teu evento brille e cumpra todas as túas espectativas.
