Servizos

A MODIÑO E CON BOA LETRA

Produción de eventos

Ofrecemos solucións completas para a organización de eventos de todo tipo, garantindo unha experiencia única para os asistentes e un resultado visual impecable. Contratarnos significa confiar nun equipo experimentado que se encarga de todos os aspectos técnicos, desde a iluminación ata o son e a produción audiovisual, asegurando que cada detalle funcione sen problemas. Ademáis de contar co mellor equipamento, adaptámonos ás necesidades específicas de cada evento, ofrecendo tranquilidade e permitindo que te concentres no que realmente importa: o éxito e o impacto da túa experiencia.

1.

Producción Técnica de Eventos

Encargámonos da xestión técnica integral dos teus eventos, dende a planificación ata a execución, asegurando que cada detalle funcione á perfección. Montamos escenarios, controlamos a iluminación e o son, e adaptámonos ás necesidades específicas de cada proxecto.

2.

Producción de Congresos

Ofrecemos cobertura audiovisual completa para congresos e conferencias, desde a gravación ata a transmisión en directo, asegurándonos de que cada intervención se escoite e se vexa coa máxima claridade.

3.

Iluminación e Son para Espectáculos

Proporcionamos deseños de iluminación innovadores e sistemas de son profesionais para que cada espectáculo ou evento brille con luz propia. Co noso equipo técnico e equipamentos de última xeración, transformamos calquera espazo nun ambiente vibrante.

Queres realizar un evento e non sabes como comezar?

Non te preocupes, estamos aquí para axudarche! Encargámonos de todo o proceso, dende a planificación ata a execución, garantindo que o teu evento sexa un éxito. Co noso equipo especializado en produción técnica, iluminación, son e streaming en directo, faremos que cada detalle funcione á perfección. Contáctanos e transformaremos a túa idea nun evento memorable!

ESPECIALISTAS EN VÍDEO

Vídeos e Contidos Audiovisuais

Creamos contidos audiovisuais profesionais que capturan de maneira precisa e creativa a esencia de cada proxecto, garantindo que a túa mensaxe chegue ao público de forma efectiva. O noso equipo especializado adáptase a diferentes estilos e formatos, desde vídeos curtos para redes sociais ata producións máis complexas como videoclips, documentais ou eventos en directo. A nosa prioridade é combinar a estética visual coa narrativa, ofrecendo solucións audiovisuais personalizadas que se axusten ás túas necesidades e obxectivos. Cada proxecto é único, e coidamos cada detalle para ofrecer un resultado final que destaque pola súa calidade e impacto.

1.

Vídeos para Redes Sociais

Desenvolvemos vídeos dinámicos e atractivos, deseñados para captar a atención en plataformas como Instagram, Facebook e YouTube. Adaptamos o contido a cada rede social, garantizando un impacto inmediato e relevante para o teu público obxectivo.

2.

Publirreportaxes

Creamos publirreportaxes en vídeo que combinan información e promoción para destacar marcas, produtos ou servizos. A través dun enfoque narrativo, potenciamos a imaxe da marca, conectando co público ao contar historias que transmiten valor e xeran confianza.

3.

Documentais

Especializámonos na creación de documentais que contan historias auténticas e viscerais. Realizamos a investigación, guión, gravación e edición, ofrecendo un produto final que emociona e educa.

4.

Aftermovies

Producimos aftermovies que capturan a enerxía e emoción dos eventos, xa sexan festivais, conferencias ou celebracións. A través dun resumo visual impactante, reflectimos os momentos máis destacados, permitindo revivir a experiencia dende unha perspectiva cinematográfica.

5.

Videoclips

Producimos videoclips musicais que realzan a identidade artística de cada proxecto. Dende a idea inicial ata a posprodución, coidamos cada detalle, ofrecendo unha estética visual potente e adaptada ao estilo de cada artista.

6.

Publicidade

Producimos anuncios publicitarios de alto impacto, deseñados para televisión e plataformas dixitais. Traballamos en cada fase, desde o guión ata a gravación e a posprodución, asegurándonos de que o teu spot transmita a mensaxe clave da túa marca de forma clara e memorable.

STREAMING DEPORTES

MAXIMIZA A VISIBILIDADE DO TEU EVENTO DEPORTIVO

Ofrecemos retransmisións deportivas multicámara con repeticións, resumos diarios e cobertura fotográfica profesional. Conta connosco para que cada detalle do teu evento chegue ao público en tempo real. Contacta agora e fai que a túa audiencia viva cada xogada!

EN VIVO E EN DIRECTO

Streaming e Transmisión en Directo

Levamos os teus eventos ao seguinte nivel con transmisións en directo de alta calidade, garantindo que o teu público poida participar e vivir a experiencia dende calquera lugar, sen perderse ningún detalle. Ofrecemos unha cobertura profesional, coidando tanto a calidade de imaxe como o son, asegurando unha emisión fluída e sen interrupcións.

1.

Streaming Multicámara Deportivo

Somos expertos en retransmisión deportiva, cubrindo eventos en directo con múltiples cámaras para capturar cada ángulo e momento clave. Ofrecemos unha experiencia inmersiva tanto para os espectadores presentes como para os que seguen o evento en liña. Ademais de xestionar a produción e a transmisión en plataformas dixitais, incluímos funcionalidades avanzadas como repeticións instantáneas para destacar as mellores xogadas, resumos diarios para que o público poida revivir o máis destacado de cada xornada, e fotografía profesional para complementar a cobertura audiovisual. Este servizo integral asegura que cada partido ou evento deportivo non só se vexa ben, senón que se converta nunha experiencia memorable e accesible dende calquera lugar.

2.

Streaming de Eventos e Conferencias

Proporcionamos servizos de streaming en directo para unha ampla variedade de eventos, como congresos, conferencias, seminarios, concertos ou presentacións. Permite que a túa audiencia siga cada intervención ou actuación dende calquera lugar do mundo, en tempo real e cunha excelente calidade de imaxe e son. Utilizamos tecnoloxía avanzada para garantir unha transmisión sen interrupcións, e ademais, podemos integrar gráficos, presentacións e vídeos en directo, adaptándonos ao formato e ás necesidades de cada evento. Se precisas interacción en directo con asistentes, tamén ofrecemos opcións de chat, preguntas e respostas, e votacións en tempo real, creando unha experiencia máis participativa e conectada.

Producimos a Boda dos teus soños

Capturamos o día máis especial da túa vida con estilo cinematográfico. Proporcionamos unha cobertura completa da cerimonia, banquete e festa, con imaxes emocionantes e edicións personalizadas, para que lembres cada momento de maneira espectacular.

EXTERNALIZA AS TÚAS

Redes Sociais

Creación de Estratexia de Contidos: Desenvolvemos estratexias de contidos adaptadas ás túas necesidades e público obxectivo. Creamos vídeos, gráficos e publicacións que melloran o engagement nas principais plataformas sociais.

Xestión Diaria e Publicacións: Ocupámonos de xestionar as túas redes sociais a diario, publicando contido regular e interactuando coa túa audiencia. Asegurámonos de manter unha presenza activa e atractiva en redes como Instagram, Facebook e LinkedIn.

Campañas Publicitarias en Redes Sociais: Creamos e optimizamos campañas de anuncios en redes sociais para aumentar a visibilidade da túa marca e xerar leads de calidade. Monitorizamos o rendemento en tempo real e axustamos as campañas para maximizar os resultados.

Enfocamos a nosa experiencia e creatividade para ofrecer servizos fotográficos que capturen momentos únicos e transmitan a esencia de cada proxecto. Adaptámonos ás necesidades específicas de cada cliente, garantindo imaxes de alta calidade tanto para eventos como en sesións de estudio.

Evento

Captura dos momentos clave: Cubrimos eventos sociais, corporativos, culturais e deportivos, enfocándonos nos detalles e emocións que fan que cada instante sexa especial.

Cobertura profesional: Ofrecemos reportaxes completas para cerimonias, congresos, festas ou espectáculos, asegurándonos de non perder ningún momento importante.

Edición optimizada: Cada imaxe pasa por un proceso de edición coidadosa para resaltar cores, detalles e atmosferas.

Estudio

Retratos e campañas publicitarias: Creamos imaxes impactantes para marcas, artistas e particulares que buscan destacar.

Sesións personalizadas: Ofrecemos escenarios e iluminación profesional para destacar cada produto, persoa ou concepto.

Produción adaptada: Traballamos en proxectos para redes sociais, portadas, catálogo e material promocional, cun estilo visual único.

ESPECIALISTAS EN

Festivais

Transformamos festivais de cine e teatro en experiencias memorables mediante unha produción audiovisual profesional e creativa que reflicte a esencia e o impacto do evento. Ofrecemos solucións completas e personalizadas para cada fase do festival, garantindo unha cobertura que destaca tanto no escenario como fóra del.

1.

Trailers promocionais

Creación de vídeos impactantes que xeran expectación e representan o ton artístico do evento. Perfectos para campañas de marketing e redes sociais.

2.

Programación

Axudamos na organización e xestión da selección oficial, coordinando a programación dos filmes ou espectáculos. Facilitamos a comunicación cos creadores e xestionamos os detalles técnicos necesarios. Colaboramos no proceso de avaliación, asesorando para a elección de proxectos que reforcen a identidade do festival.

3.

Cobertura Completa

Gravación e edición de momentos destacados do festival, incluíndo galas, representacións, alfombras vermellas, mesas redondas e máis. Proporcionamos equipos e profesionais para a iluminación, son, e retransmisión en directo dos espectáculos ou actos do festival.